PolíticaÚltima hora

O PSdeG de Viana pedirá no pleno que se active o proceso para declarar ao Entroido deste concello de interese turístico nacional

Tamén presentará outra moción solicitando o comezo da obra da estrada OU-533 dirección á Gudiña e propoñendo que se faga unha rotonda no cruce do Toural
Celebración do Entroido en Viana do Bolo./ Foto: Mónica G. Bellver.

A Agrupación Socialista de Viana do Bolo ten previsto presentar dúas mocións no vindeiro pleno municipal para que o Concello “as asuma e realice sen demora algunha, e dentro do prensente ano”, explican en nota de prensa.

A primeira delas refírese ao comezo dunha obra na estrada OU-533, dirección A Gudiña, unha vez se achega ao pobo de Viana. “Conflúe o tráfico de dita estrada comarcal, coa rúa do Toural, principal entrada o casco urbano e máis co Camiño do Toural”, sinalan os socialisas, que entenden que estas “estas vías, presentan tramos de formigón e outros, de variado tipo de asfalto. Adoecen de sinalización horizontal e, a maior parte, sen beirarrúas, co perigo que supón para o tránsito dos peóns, ao ser moi utilizada para acceder ao IES Carlos Casares e ao parque infantil”.

Na súa moción, ademais de demandar que se poña “fin a este calamitoso estado, propomos a construción dunha rotonda no cruce do Toural, instalando no medio unha fonte circular coa súa iluminaria nocturna correspondente, que facilitaría a incorporación a este vial, melloraría a deficiente estética actual e diminuiría a potencial accidentalidade”, din os socialistas. Neste senso, a moción vai acompañada dunha proposta de actuacións con detalles técnicos e económicos.

Por outra banda, os socialistas vianeses van presentar no pleno outra moción na que instarán ao Concello de Viana do Bolo a que contacte con Turismo da Xunta de Galicia “a fin de recabar detallada información sobre a documentación que é necesario aportar para solicitar que o Entroido Vianés sexa declarado Festa de Interese Turístico Nacional”. No seu texto, sinalan que “xa no ano 2014, os socialistas de Viana, presentaron unha moción, aprobada no pleno, solicitando dita tramitación. A deputada socialista, Noela Blanco, no ano en curso, reclamou ao Parlamento galego información do estado de dita tramitación e a resposta foi que non constaba a entrada en Turismo de Galicia de dita solicitude“.

Agora os socialistas instarán de novo ao Concello á “tramitación urxente do expediente de solicitude” e a que esta Administración local “vaia informando da marcha do mesmo aos grupos da Corporación. Así mesmo, a raíz da polémica xerada pola posible imitación ou copia do noso traxe do Boteiro, e co fin de preservar a utilización dos símbolos e ornamentos do noso Entroido, instar ao Concello a iniciar os trámites necesarios para realizar o rexistro de patentes dos mesmos”.

Artigos relacionados

Back to top button