Última horaViticultura

O PSdeG pedirá axudas no Parlamento para os danos da tormenta no viñedo valdeorrés

O anuncio facíao a deputada valdeorresa Carmen Acuña, que comparecía ante a prensa no Barco xunto a Pablo García, voceiro parlamentario socialista de Agricultura, e o alcalde do Barco
Foto: Ángeles Rodríguez
Foto: Ángeles Rodríguez

“Queremos amosar a nosa preocupación polos danos sufridos no viñedo valdeorrés como consecuencia das recentes tormentas, porque ademais hai que ter en conta que aquí chove sobre mollado: primeiro foron as xeadas na primavera, logo as tormentas e despois a posibilidade de pragas e enfermidades, condicionadas pola perda de folla”. Así o aseguraba Carmen Acuña, deputada valdeorresa do PSdeG-PSOE, nunha rolda de prensa celebrada na tarde do 23 de xullo no Barco. Nela, xunto ao tamén deputado Pablo García, solicitaba do goberno galego unha liña de axudas para os viticultores afectados polas recentes granizadas. Ademais anunciaban que o partido socialista presentará no Parlamento unha pregunta e unha proposición non de lei sobre este tema.

Artigos relacionados

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Back to top button

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies.
Pinche el enlace para mayor información. También puede consultar aquí nuestra política de protección de datos

ACEPTAR
Aviso de cookies
Close