PolíticaÚltima hora

O PSdeG pide no Parlamento galego un novo convenio para mellorar a “funcionalidade e eficacia dos GES”

A deputada Paloma Castro urxe á Xunta a actualizar o marco normativo, que caduca este ano, para asegurar resposta real en tempo, medios e calidade

A deputada socialista no Parlamento galego Paloma Castro,

 

A portavoz de Interior do Grupo Socialista, Paloma Castro, vén de pedirlle hoxe á Xunta un novo convenio para os Grupos de Emerxencia Supramunicipais (GES) que “mellore a funcionalidade e a eficacia” destes organismos diante da extinción e prevención de incendios. Castro presentou unha pregunta na Comisión Institucional do Parlamento para reclamarlle á Xunta que garanta medios profesionais e técnicos e dedicación exclusiva.

A parlamentaria socialista pedía un novo documento consensuado entre a Xunta, deputacións e Fegamp xunto con representantes da Asociación GES de Galicia –Agesa- diante do remate do actual, vixente ata final de ano.

Castro demandaba un novo marco normativo que “garanta unha resposta real en tempo, en medios e en calidade” e pedía actualizar o actual convenio, “que se ten demostrado inadecuado polas eivas detectadas imputables á administración, como poden ser a falla de coordinación, de persoal ou de capacidade técnica dalgúns concellos”.

A deputada socialista solicitaba que o goberno galego tome a iniciativa e mellore o actual convenio “en aspectos tan importantes como a coordinación, a necesidade de aumentar a 3 a quenda obrigatoria do servizo, modificar a denominación a bombeiros – GES, a creación dunha bolsa de traballo para cubrir as baixas ou a delimitación das tarefas do grupo”.

O actual convenio prevé, lembra Castro, a colaboración en materia de emerxencias, prevención e defensa contra incendios forestais, e o desenvolvemento e apoio do funcionamento dos GES. Sen embargo, sinala que hoxe en día “non existe unificación de material nin de condicións laborais –horarios, categorías, uniformidade-, que son diferentes en cada un dos máis de 30 grupos que hai hoxe”.

A deputada socialista reclama así adecuar estes medios a “un enfoque global na actuación preventiva e nas actuacións posteriores ante os incendios forestais, de xeito que as medidas que se implementen abrangan a todo o territorio”.

Artigos relacionados

Back to top button