PolíticaÚltima hora

O PSdeG-PSOE anuncia que Renfe porá en servizo un media distancia en Valdeorras

Este tren que unirá a comarca con Ourense entrará en servizo o vindeiro 27 de outubro

Estación de ferrocarril do Barco./ Foto: A.R.

 

O deputado, a deputada e o senador do PSdeG-PSOE por Ourense, Adolfo Pérez Abellás, Uxía Tizón e Miguel Bautista, celebran que Renfe “cumpra inmediatamente o prometido”, ao por en servizo un novo tren Alvia a Madrid e Pontevedra e un servizo de media distancia que unirá a cidade de Ourense con Valdeorras, Ribadavia, Vigo e Ponferrada. Os parlamentarios ourensáns traballan tamén para impulsar un acordo co Mitma, que permita unha “homologación” das tarifas dos servizos Avant que teñen orixe ou destino na capital ourensá.

Así, os socialistas indican que o vindeiro martes 27 de outubro entrarán en servizo un novo Alvia diario que unirá Ourense con Madrid e Pontevedra, así como novos servizos de media distancia (MD): un rexional exprés conectará a capital ourensá con Valdeorras, Ribadavia, Monforte, Vigo e Ponferrada, chegando a Ourense ás 08:57 horas procedente de Ponferrada e sairá de Ourense ás 16:45 horas procedente de Vigo. Desde o día 27 tamén haberá novos trens MD entre Ourense-Lugo (1 por sentido), Santiago-A Coruña (1 por sentido), Santiago-Vigo (1 por sentidoe un servizo Vigo-A Coruña que circulaba só de luns a venres pasa a ser diario.

Artigos relacionados

Back to top button