PolíticaÚltima hora

O PSdeG-PSOE pide explicacións sobre as causas que “manteñen pechada ao esquí a Estación de Manzaneda”

Os representantes socialistas na Estación de Montaña de Manzaneda.

 

O PSdeG-PSOE de Ourense vén de informar a través dunha nota de prensa que reclamará “explicacións detalladas” ante as causas que manteñen a “estación de montaña de Manzaneda totalmente pechada, para a práctica do esquí e outros deportes de neve, a pesar de que as condicións meteorolóxicas do último mes foron óptimas para a posta en marcha, durante moitos días, do sistema de innivación artificial instalado e pagado con fondos públicos da Deputación Provincial e da Xunta de Galicia. Podería levar semanas aberta e funcionando e, sen embargo, alguén decidiu que non fose así”, din os socialistas.

Tamén aseguran que a día de hoxe, Manzaneda “é a única estación de todo o Estado que non abriu as súas instalacións para a práctica de deportes relacionados coa neve, a pesar de contar con este moderno sistema de innivación e coas condicións adecuadas para a súa posta en marcha. Cos datos publicados por Meteogalicia, rexistrados cada dez minutos no cumio da montaña, desde o 12 de xaneiro e ata o día 28 do mesmo mes, houbo moitas horas con temperaturas e humidades relativas moi baixas, que son os dous factores nucleares para poder innivar”, salienta o deputado provincial, Aurentino Alonso. Tamén aclara que “analizando polo miúdo estes datos, obtéñense moitas horas de posible produción artificial de neve”.

Os socialistas tamén indican na nota de empresa que a empresa á que lle outorgaron a xestión de Manzaneda afirma, sen embargo, que esas condicións en ningún caso permitían producir neve artificial coa suficiente garantía nos canóns”. Se isto é así, engaden os socialisas, “o sistema de innivación dificilmente poderá contribuír a paliar a falta de neve e nin sequera podería apoiar á estación nun momento de presenza de neve natural”. Os representantes socialistas piden que “algún experto nos aclare que está a suceder”.

Artigos relacionados

Back to top button