PolíticaÚltima hora

O PSdeG-PSOE presenta as súas candidaturas en Ourense ás eleccións xerais

Este acto contaba coa presenza do secretario xeral dos socialistas galegos, Gonzalo Caballero, quen adiantaba que apostarán por “unha campaña de proximidade” para “mobilizar á cidadanía”
Acto de presentación das candidaturas socialistas ás eleccións xerais na provincia de Ourense.

De “magníficas” cualificaba Gonzalo Caballero, secretario xeral do PSdeG-PSOE, as candidaturas que este partido presentará en Ourense tanto ao Congreso como ao Senado nas vindeiras eleccións xerais do 28 de abril. Dicíao no acto de presentación de ambas listas neste 3 de abril na cidade das Burgas.

“Seguimos percorrendo concello a concello, bisbarra a bisbarra, facendo unha campaña de proximidade para trasldarlle aos cidadáns a importancia destas elección xerais”, que servirán “para plantexar á cidadanía que o 28 de abril decidirase entre dous modelos”, aseguraba. O primeiro deles, proseguía é “o da dereita que virou á ultradereita” e que “supón un retroceso, un regreso ao pasado”. E fronte a iso, Caballero situaba o proxecto “de avance e progreso social que defende Pedro Sánchez”. Por iso, engadía, “o voto ao PSOE é o voto útil para o progreso”.

Neste acto de presentación, Caballero estaba acompañado polo  secretario provincial do PSOE, Rafael Rodríguez Villarino. A lista ao Congreso será liderada pola carballiñesa Marina Ortega ao Congreso, e á do Senado por  Juan Carlos Francisco Rivera ao Senado.

Para Caballero o PSOE está “nunha etapa de puxanzar, imos recuperar pulo político tamén na provincia de Ourense, onde temos expectativas de incrementar o apoio electoral tanto en termos de porcentaxe relativo como absoluto. Imos mellorar resultados con respecto ás anteriores eleccións”. O partido sociliasta, adiantaba, apostará por “unha campaña de proximidade con actos por toda a provincia”.

Artigos relacionados

Back to top button