Eleccións municipaisPolíticaÚltima hora

O PSdeG-PSOE propón “10 razóns para votar a Gudiña na Rúa”

O candidato socialista presentaba o seu programa electoral nun mitin celebrado no Centro Cultural Avenida
O candidato socialista á alcaldía da Rúa, Luis Fernández Gudiña, no mitin.
O candidato socialista á alcaldía da Rúa, Luis Fernández Gudiña, no mitin.

A defensa dun Concello participativo e transparente; a construción do centro de saúde como prioridade; a mellora das infraestruturas básicas dos pobos do concello; o acondicionamento da rúa Progreso e humanización de Campogrande e San Roque; defensa do patrimonio mediambiental e etnográfico; un banco de tempo municipal; un circuíto permanente de BTT; levar a cabo o acceso á N-120 e a apertura de novas rúas; atención á xuventude; e desenvolvemento do polígono industrial e axuda aos emprendedores. Estas son segundo o PSdeG-PSOE “dez razóns para votar a Gudiña na Rúa” e eran presentadas na tarde do 14 de maio no mitin celebrado no Centro Cultural Avenida.

No acto, interviñan a número dous da candidatura socialista na Rúa, Ana Vizcaya, o secretario provincial do PSdeG-PSOE, Raúl Fernández e o candidato á alCaldía ruesa, Luis Fernández Gudiña.

Para comezar a súa intervención, Fernández Gudiña tiña unhas palabras en memoria de Ferreira “compañeiro no Concello que acababa de falecer e unha aperta aos compañeiros do Barco polo arquivo da querella que presentara o PP” facendo asemade referencia “á sentencia na que se exculpaba aos Concellos de Petín e A Rúa da denuncia de acoso laboral que fixera a secretaria” di o candidato socialista.

De seguido, Luis criticaba a xestión levada a cabo polo PP nos últimos catro anos. “A nivel de compromisos que adquiriran, non se levou a cabo ningún” dixo, cunha “xestión nefasta pensada única e exclusivamente para os amigos”, lembrando que “fronte a iso hai unha alternativa que nós presentamos”.

Artigos relacionados

Back to top button