Publicidade
PolíticaÚltima hora

O PSdeG-PSOE Valdeorras presenta aos candidatos nas municipais

Agás os cabezas de lista de Carballeda de Valdeorras e Rubiá, o resto repetirán nas eleccións de maio
Cabezas de lista do PSdeG-PSOE en Valdeorras e Viana. /Foto: Mónica G. Bellver.
Cabezas de lista do PSdeG-PSOE en Valdeorras e Viana. /Foto: Mónica G. Bellver.

Na tarde do 23 de febreiro, a sede do PSdeG-PSOE na rúa ferrol Nº 8 de O Barco, acollía a presentación oficial dos candidatos do partido socialista ás alcaldías dos concellos de Valdeorras e Viana do Bolo, que contou coa asistencia do secretario provincial, Raúl Fernández.

Dos dez candidatos socialistas que concurrirán ás eleccións municipais de maio, dous son novos: José Manuel González Alijo, que encabezará a lista de Carballeda de Valdeorras, e Rafael López Rodríguez, na de Rubiá. Os demais son os candidatos de 2011: Alfredo García Rodríguez (O Barco de Valdeorras), Luis Fernández Gudiña (A Rúa), Enrique Álvarez Barreiro (Vilamartín de Valdeorras), Miguel Bautista Carballo (Petín), Magín Fernández Fernández (O Bolo), Evaristo García Canelas (Larouco), Fernando Fernández Yáñez (A Veiga) e Jesús Salgado Álvarez (Viana do Bolo).

Artigos relacionados

Back to top button

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies.
Pinche el enlace para mayor información. También puede consultar aquí nuestra política de protección de datos

ACEPTAR
Aviso de cookies
Close