Eleccións municipaisPolíticaÚltima hora

O PSdeG vianés resposta ao BNG sobre o pacto de goberno

Os socialistas pídenlle ao BNG unha tenencia de alcaldía e unha proposta por escrito
Jesús Salgado, cabeza de lista do PSdeG-PSOE nas muncipais en Viana.
Jesús Salgado, cabeza de lista do PSdeG-PSOE nas muncipais en Viana.

Apenas queda un día para a constitución da nova Corporación vianesa e aínda non está claro se haberá ou non pacto de goberno entre socialistas e nacionalistas para formar goberno. Tras o comunicado emitido polo BNG, na mañá do 12 de xuño o PSdeG-PSOE, cuxo cabeza de lista ás municipais é Jesús Salgado, remitía aos medios unha nota de resposta. Nela indícase que é “certo que o anterior alcalde perdeu a maioría, pero os vianeses lle manteñen como o cabeza de lista máis votado. Polo tanto, non é certo que os veciños lle outorgasen a alterantiva ao BNG, xa que precisa para conformar goberno unha maioría e o apoio do PSOE”.

Asemade os socialistas deixan claro que piden unha “tenencia de alcaldía única, tal e como se pactou noutros concellos”. Tamén sinalan que é certo que as dúas forzas políticas acordaron unha “declaración institucional e un programa conxunto resumido en 30 puntos”, pero matizan con respecto aos plantexamentos ofrecidos polo BNG que o punto de “crear unha comisión de persoal e unha mesa de contratación, con representación de todos os grupos municipais” non o recibiron “por escrito”. E inciden en que “seguimos esperando recibir por escrito a proposta que se cita para que todo quede claro”.

Os socialistas tamén aseguran no seu comunicado que “a nosa responsabilidade quedará unha vez máis de manifesto nesta ocasión á altura das circunstancias. Esperamos que o resto de forzas políticas con representación na Casa do Concello actúe coa mesma responsabilidade”.

Artigos relacionados

Back to top button