DeportesGalerías de fotosÚltima hora

O psicólogo deportivo Abel Nogueira clausura o campus de fútbol da Rúa

Dirixía unha sesión cos pais dos cativos asistentes ao campamento de verán

Agora si. Despois de dúas intensas semanas de actividade en torno ao fútbol no campo de fútbol O Novo Aguillón, o campus de verán da Rúa baixaba o pano desta segunda edición. E facíao cunha sesión adicada ao pais.

En torno ás doce e media do sábado 14 de xullo, mentres os cativos xogaban no campo ou refrescábanse no tobogán acuático instalado para a ocasión, os pais asistían dende a bancada a unha sesión cun psicólogo deportivo.

Natural do Barco de Valdeorras Abel Nogueira traballa entre León e Galicia aplicando a psicoloxía a diferentes disciplinas e deportistas e hoxe achegábase ata A Rúa para clausurar o campus de fútbol coordinado polo C.D. Rúa. “É unha forma de que se den conta do que nos pasa a todos os que estamos aquí, que necesitamos de xente como Abel moito máis do que pensamos”, asegura Rosendo Durán, un dos coordinadores do campus.

“Non só traballamos con deportistas senón con pais, directivos, árbitros e incluso prensa”, explicaba o propio Abel antes de dirixirse aos asistentes, para falar da “famosa imaxe do pai adestrador e de como xestionar o típico castigo de deixar sen deporte ao neno se non estuda”. Facíao a través de dúas actividades prácticas. Na primeira os pais, distribuídos en grupos de catro, debían intepretar diferentes roles: o de pai, o de adestrador, o de xogador e do árbitro, tratando de poñerse na pel de cada un deles.

Fotos: Mónica G. Bellver.

Artigos relacionados

Back to top button