PolíticaÚltima hora

O PSOE da Rúa solicita ao Concello a “convocatoria urxente das comisións de Sanidade e Desenvolvemento Rural”

O documento coa solicitude era rexistrado con data de 30 de xullo de 2019
Os concelleiros do PSdeG-PSOE do Concello da Rúa. /Foto: Mónica G. Bellver.

Luis Fernández Gudiña, en calidade de voceiro do PSdeG-PSOE do Concello da Rúa, vén de solicitar ao Concello a “reunión urxente” de dúas comisións. Por unha banda, a de Sanidade, Servizos Sociais e Igualdade a fin de “coñecer os pasos dados ou que pensa dar o equipo de goberno en relación á construción dun novo Centro de Saúde”.

Tamén solicitan a comisión de Desenvolvemento Rural para “que se informe das medidas que tomou ou pensa tomar ante a Xunta de Galicia polo que consideramos o incumprimento do acordo do Parlamento en relación a dotar ao noso Concello dunha motobomba”, tal como se reflicte no escrito.

A solicitude foi rexistrada no Concello con data de 30 de xullo.

Artigos relacionados

Back to top button