En portadaGalerías de fotosXVIII Feira do Viño Valdeorras

O público abarrota a XVIII Feira do Viño de Valdeorras

Degustacións e música, nunha xornada na praza de Viloira marcada polos numerosos visitantes

De madrugada e co ritmo de Bon Scott Revival Show, banda tributo a AC/DC, concluía nunha praza de Viloira (O Barco) ateigada de público a primeira xornada da XVIII Feira do Viño de Valdeorras. As casetas pechaban ao redor das once, pero os visitantes continuaban no recinto desfrutando coa música que poñían tamén grupos como The Morgans no marco do I Valdeorrock.

Multitude de persoas percorrían esta mostra ao longo de todo o día para degustar os caldos das 16 adegas, amparadaa polo CRDO Valdeorras, que participan nela. O programa continuará o domingo 12 de xullo co acto de entrega de premios da cata oficial da feira, así como cunha cata popular, entre outros actos.

Fotos: Carlos G. Hervella/ Ángeles Rodríguez

Artigos relacionados

Back to top button

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies.
Pinche el enlace para mayor información. También puede consultar aquí nuestra política de protección de datos

ACEPTAR
Aviso de cookies
Close