En portadaÚltima horaVídeos

O público canta e baila ao ritmo de De Vacas na sesión vermú do SilFest Valdeorras

 

Coas peculiares e divertidas versións de exitosos temas De Vacas protagonizaban a sesión vermú deste sábado 23 de xullo no SilFest Valdeorras 2022. E unha vez máis as voces de Faia Díaz, Inés Salvado e Paula Romero, compañadas á guitarra por Gillerme Fernández (antigo músico de Berrogüetto) conquistaban ao público que tarareaban, bailaba e aplaudía cada tema, interpretado á beira do río Sil, na praia fluvial do Barco de Valdeorras.

 

 

Tal como elas mesmas explicaban, De Vacas bebe da actualidade musical por iso no repertorio interpretado hoxe no Barco non faltaban versións (en galego, castelán e inglés) de Rosalía, de Chanel ou de Jennifer López, pero tamén de Ella Baila Sola e das mesmísimas Space Girls “o grupo grazas ao cal nacía De Vacas”, aseguraban antes de comezar.

O relevo no escenario, mentres a xente xantaba á beira do río, collíano as Macizas Centrais. E xa pola tarde, a sesión de concertos abrirana Navegando a Barlovento, seguido por Agoraphobia e o prato forte do festival, León Benavente. De madrugada actuarán Sex Museum e Veintiuno, pechando o festival Economato Dj’s.

 

 

Fotos e vídeos: Mónica G. Bellver.

Artigos relacionados

Back to top button