ConcellosGalerías de fotosÚltima horaVídeos

O público enche a XXIII Feira do Viño de Valdeorras, en Viloira (O Barco)

 

Multitude de persoas dábanse cita na tarde e noite deste 9 de xullo no recinto da XXIII Feira do Viño de Valdeorras, instalado na praza Otero Pedrayo de Viloira (O Barco). Ao ritmo da charanga Támega de Verín visitaban as casetas das 20 adegas participantes nesta edición para degustar os seus brancos e tintos.

 

 

Estas adegas son: A Coroa, Alán, Adega da Pinguela, Melillas e Fillos, O Casal, O Cepado, Adega Terrae, Bodega Cooperativa Xesús Nazareno, Cooperativa Virxe das Viñas, Joaquín Rebolledo, Santa Marta, Godeval, A Tapada, Roandi, Sampayolo, Virgen del Galir, Cova da Xabreira, D’Berna, Felipe Mayo Alonso e Hacienda Ucediños. No recinto o público tamén podía ver unha exhibición dos bois de Mario Nogueira.

 

 

Tamén se desenvolvían pola tarde outras dúas catas: unha delas dunha selección de viños da D.O. Valdeorras maridados con queixos das catro denominacións de orixe galegas e outra na que se desmontaban os mitos do viño.

Arredor das once da noite as adegas comezaban a pechar os seus stands e ás 23:15h estaba prevista a actuación de Los Íñigos. A mostra reabrirá as súas portas mañá a partires das 12:30h.

Fotos: A.R.

Artigos relacionados

Back to top button