En portadaGalerías de fotosÚltima hora

O público enche o recinto da XXII Feira do Viño de Valdeorras

Multitude de persoas dábanse cita na tarde e noite do 13 de xullo no recinto da XXII Feira do Viño de Valdeorras, instalado na praza de Viloira (O Barco). Ao ritmo da charanga Achicoria de Xinzo de Limia visitaban as casetas das 21 adegas participantes nesta edición para degustar os seus brancos de godello e os seus variados tintos.

Trátase das adegas A Coroa, O Cepado, Alán, Cooperativa Xesús Nazareno, Cooperativa Virxe das Viñas, Godeval, Hacienda Ucediños, Felipe Mayo Alonso, D’Berna, Joaquín Rebolledo, María Teresa Núñez, Melillas e Fillos, O Casal, Quinta da Peza, Roandi, Ruchel, Sampayolo, Santa Marta, Viña Costeira, Virxen de Galir e Adega da Pinguela.

Arredor das once da noite as adegas comezaban a pechar os seus stands e comezaba o concerto do grupo Fillos do Estramonio. A mostra reabrirá as súas portas mañá a partires das 12:30h.

Fotos: Ángeles Rodríguez.

 

Artigos relacionados

Back to top button

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies.
Pinche el enlace para mayor información. También puede consultar aquí nuestra política de protección de datos

ACEPTAR
Aviso de cookies
Close