ConcellosGalerías de fotosÚltima hora

O público puntúa as marcas da XIX Feira do Viño de Valdeorras

Unha ducia das 17 adegas do certame participaba na cata con xurado popular, novidade nesta edición

Como novidade nesta edición, ademais da cata oficial da Feira do Viño de Valdeorras a mostra vén de incluír entre as súas actividades unha cata con xurado popular que se celebraba na calurosa tarde do 16 de xullo no mesmo recinto da mostra na praza de Viloira (O Barco). Nela participaban unhas 10 persoas que valoraban brancos e tintos participantes, emulando os pasos dunha cata profesional, no certame e outorgándolle unha puntuación.

Esa valoración servirá para outorgar tres premios en brancos e outros tantos en tintos. Os galardóns entregaranse na tarde do domingo 17 de xullo nun acto no que tamén se desvelarán os distinguidos na cata oficial da feira.

Fotos: Ángeles Rodríguez.

Artigos relacionados

Back to top button