CulturaCulturaGalerías de fotosMúsicaÚltima hora

O público réndese á música de Queen en Manzaneda

A banda tributo Doctor Queen, puxo o broche musical á II Beltane celebrada na estación e montaña Oca Nova

Era o prato forte do festival de alta montaña celebrado na fin de semana do 8 ao 10 de xullo en Nova Oca Manzaneda, e non defraudou. Centos de persoas cantaron, bailaron e en definitiva desfrutaron cos temas máis destacados e coñecidos do repertorio da mítica banda de Fredie Mercury.

Da man de Doctor Queen, considerada para moitos a mellor banda tributo do mundo, na noite do sábado 9 de xullo, os afeccionados ao rock seguiron a actuación ata altas horas da madrugada, despois de escoitar aos valdeorreses Placeres Solitarios.

Con esta actuación, a Beltane poñía o broche musical a esta segunda edición que contou con actividades paralelas como exhibicións de drons, bailes con aves, competicións de videoxogos e mesmo unha ruta de sendeirismo, ademais do mercadiño que permaneceu abeto durante toda a fin de semana.

Fotos: Carlos G. Hervella

Artigos relacionados

Back to top button