Galerías de fotosSociedadeÚltima hora

O público toma o río para seguir o 53 Descenso do Sil

 

Dende a saída en Sobradelo ata a meta, na praia fluvial do Malecón do Barco, as beiras do río Sil e mesmo o seu cauce enchíanse de público na tarde do 14 de setembro para seguir o máis preto posible a evolución do Descenso do Sil, todo un referente deportivo das Festas do Cristo e mesmo da competición de piragüismo a nivel galego.

 

 

Especialmente concurrida, ademais da saída, estaba a zona do Cachón, nas Casas Baratas (O Barco), onde pode verse unha espectacular zona de rápidos.

Tamén dende a Ponte de San Fernando ou mesmo dende a pasarela que conecta a zona antiga do Barco con Viloira e, por suposto, na meta do Malecón eran multitude as persoas de todas as idades que seguían o paso dos deportistas.

Fotos: Carlos G. Hervella.

 

Máis información e fotos:
https://www.osil.info/os-fotografos-tamen-se-apuntan-ao-descenso-do-sil/
https://www.osil.info/o-53-descenso-do-sil-un-referente-en-seguridade/
https://www.osil.info/o-barquense-jesus-rodriguez-reina-novamente-no-descenso-do-sil/
https://www.osil.info/o-fluvial-barco-suma-cinco-podios-no-53-descenso-do-sil/
https://www.osil.info/o-tren-fluvial-do-descenso-do-sil-sae-da-estacion-do-barco/

Artigos relacionados

Back to top button
Close