CulturaCulturaÚltima hora

“O que arde”, de Oliver Laxe, proxectarase en Folgoso do Courel o 22 de agosto

Ao rematar a película haberá unha charla coloquio co director

A localidade de Folgoso do Courel acollerá o vindeiro 22 de agosto a proxección do último filme de Oliver Laxe, “O que arde”. A sesión terá lugar na Praza do Concello, con apertura de portas ás 21:00h; a película será presentada polo propio Laxe ás 21:45h e o visionado comezará ás 22:00h. Ao rematar, os asistentes poderán desfrutar tamén dunha charla-coloquio co director galego.

“O que arde” (2019) é, actualmente, a película máis vista en galego con máis de 62.500 espectadores nos cinemas tras o seu lanzamento. Narra o problema dos incendios en Galicia a través dun pirómano, que regresa á súa aldea nos Ancares tras sair de prisión. O reparto está formado por actores non profesionais da serra dos Ancares, con Amador Arias, no papel do pirómano e Benedicta Sánchez, a súa nai. Pola súa interpretación, Sánchez, de 85 anos, recibiu o premio Goya á mellor actiz revelación.

A película visita o concello a cargo de “Cine na Rúa”, un proxecto que busca difundir o cinema galego a través de eventos en localidades de distinta poboación. A organización velará polo cumprimento de todas as medidas hixiénico-sanitarias derivadas da pandemia do coronavirus.

 

Cartel promocional da actividade. / Foto: cedida.

Artigos relacionados

Back to top button
Close