DeportesSen categorizarÚltima hora

O Quiroga FC gaña ao Garabolos no campo de San Martiño

Coa vitoria local pola mínima saldábase o encontro da 9ª xornada de liga en terceira autonómica
O xogador do Quiroga controla o balón.
O xogador do Quiroga controla o balón.

Despois de catro partidos sen puntuar, o Quiroga lograba unha importante vitoria ante o Garabolos. Facíao na tarde do 9 de novembro, no encontro correspondente á 9ª xornada de liga en terceira autonómica (grupo 11), no seu propio terreo, o campo de fúbtol San Martiño de Quiroga, para ledicia da afección, que asistía ao encontro arbitrado polo colexiado José Luis Rego Rodríguez.

Con este resultado (1-0), o equipo quirogués sitúase no posto número 10 da clasificación con 10 puntos, mentres que o Garabolos mantense na zona alta, no posto número 5 con 14 puntos. O líder da clasificación é o San Roque con 27 puntos.

Afeccionados do Quiroga FC coas bufandas do equipo.
Afeccionados do Quiroga FC coas bufandas do equipo.
Os xogadores do Quiroga e do Garabolos saúdanse antes de comezar o partido.
Os xogadores do Quiroga e do Garabolos saúdanse antes de comezar o partido.
Plantel do Garabolos.
Plantel do Garabolos.

Fotos: Carlos G. Hervella.

Artigos relacionados

Back to top button