CulturaCulturaÚltima hora

O quirogués Alberte Montes, nunha serie da TVG

O humorista, natural de Anguieiros, formará parte do elenco da ficción “Augasquentes”, que se estrea mañá
Alberte Montes actuará en "Augasquentes".
Alberte Montes actuará en “Augasquentes”.

Coa chegada do outono, a  TVG estrea serie. Mañá, xoves 6 de outubro arranca  “Augasquentes”, unha comedia que se desenvolve nunha vila de ficción galega, que conta con coñecidos actores como Javier Veiga ou María Vázquez. Xunto e eles, formando parte do elenco, o humorista Alberte Montes (orixinario de Quiroga, Lugo e residente en Barcelona) encarnará ao avogado “Quique” que aparecerá no capítulo 6. Tal como explican dende Hermanager Producións “foron dous meses de rodaxe (xuño e xullo) en Compostela e Cuntis, meses de moito traballo pero moi enriquecedores”.

Ao longo da súa traxectoria, Montes ten participando en películas como “El Olivo” de Icíar Bollaín (2015) ou REC 4: Apocalipsis de Jaume Balagueró (2014), entre outras, pero en “Augasquentes” interpretará o seu primeiro papel importante e con continuidade nunha ficción televisiva, compartindo traballo con actores da talla de Morris, Miguel de Lira, Isabel Risco, David Amor, Javier Veiga, Marcos Pereiro, etc

Artigos relacionados

Back to top button