DeportesGalerías de fotosÚltima hora

O Rally Turístico Terras do Incio fai parada no Pazo do Castro (O Barco)

24 coches clásicos participan nesta concentración que mañá chega ata o Santuario das Ermitas

Dende Astorga ata O Incio. Un total de 24 coches clásicos de alta gama (Maserati, Jaguar, Rolls Royce, Mercedes,…), algúns con máis de 50 anos, están participando no IV Rally Turístico Terras do Incio que arrancaba o 6 de xullo da praza mayor astorgana, percorrendo no seu traxecto parte da provincia de León antes de adentrarse en Galicia por Valdeorras, disfrutando asemade da cultura, as paisaxes e a gastronomía de cada recuncho.

Despois de visitar parte do Bierzo, na tarde do 7 de xullo os pilotos e copilotos chegados dende diferentes partes de España (Barcelona, Logroño, Valencia, Madrid, Pamplona, Sevilla, Tarragona, Ibiza, Lugo e Vigo) facían parada no Hotel Monumento Pazo do Castro. Alí permanecían expostas estas xoias do motor, antes de continuar o percorrido por parte do Camiño de Santiago.

Mañá, venres 8 de xullo achegaranse ata a localidade bolesa das Ermitas, con parada no adro do monumental Santuario.

Fotos: Carlos G. Hervella

Artigos relacionados

Back to top button