DeportesÚltima hora

O Rallye de Clásicos de Ourense percorrerá 17 concellos da provincia

Un total de 76 vehículos de entre os anos 30 e 80 participan esta fin de semana na vixésima segunda edición do evento
Un momento da presentación do Rallye de Clásicos, esta mañá.
Un momento da presentación do Rallye de Clásicos, esta mañá.

A explanada de Ponte Vella de Ourense será escenario mañá, venres día 10, do punto de partida do XXII Rallye de Clásicos de Ourense, un evento que se celebrará durante esta fin de semana e que nesta ocasión percorrerá 17 concellos da provincia durante dúas xornadas, tras a primeira exhibición de mañá venres, pola tarde. En total, o público poderá contemplar 76 vehículos datados dos anos 30 a 80 do século pasado. O acto de presentación levouse a cabo hoxe.

Trátase dun evento obrigatorio para os nostálxicos do motor. Durante dous días, as estradas de Ourense -capital e provincia- verán desfilar auténticas xoias do automobilismo de varias épocas. Entre eles estará un Bugatti T-57 Ventoux, datado de 1935, que é o máis antigo dos inscritos nesta edición.

Os coches de distintas categorías -antigo, clásico e histórico, en función da idade- terán unha primeira concentración mañá, a partires das 17:30h. Logo de pasar as correspondentes verificacións técnicas e administrativas, o sábado sairán dende a Praza Maior, a partires das 10:30h.

Os coches participantes -procedentes de Galicia, Asturias e Portugal- dirixiranse no primeiro tramo hacia o Monasteiro de Oseira. Continuarán logo até Cea e o Pazo de San Damián. Pola tarde, o roteiro levaraos á comarca do Ribeiro. Alí farán unha pequena visita a unha bodega e finalizarán cunha cea no Hotel Auriense, momento no que se entregarán os premios.

Na xornada do domingo, os vehículos farán un percorrido xa máis en sentido turístico. Sairán do Hotel Auriense até Maceda e dende alí a Luintra, para rematar no Monasterio de Santo Estevo.

Artigos relacionados

Back to top button