AutomobilismoDeportesÚltima hora

O Rallye de Ourense celebrarase os días 25 e 26 de xullo

A Comisión Delegada da Federación Española de Automobilismo aprobou as modificacións do calendario desta tempada

O Rallye de Ourense celebrarase os días 25 e 26 de xullo. A Comisión Delegada da Federación Española de Automobilismo aprobou esta tarde as modificacións do calendario nacional trala crise do Covid-19.

 

Dunha edición anterior. /Foto: Carlos G. Hervella.

 

Ourense abrirá o calendario de probas tralo estado de alarma, ao que lle seguirá o de Ferrol a finais de agosto. “O obxectivo era ofrecer un calendario o máis sensato e equilibrado posible, tendo en conta os meses dispoñibles para celebrar carreiras neste 2020 e atendendo á realidade dos organizadores e dos deportistas. E, por suposto, moi pendentes en todo momento das indicacións das autoridades sanitarias e da evolución da pandemia”, explicaba trala reunión o presidente da RFEDA, Miguel Aviñó.

Artigos relacionados

Back to top button