Galerías de fotosÚltima hora

O Rallye de Ourense quenta motores

Os participantes ultiman a posta a punto dos coches na zona de asistencia instalada en Expourense

Todo está xa preparado. Apenas quedan unhas horas para que dé comezo a 52 edición do Rallye de Ourense (puntuable para o campionato de España de rallyes de asfalto e para o súper campionato de España de rallyes) e os equipos técnicos dos 92 participantes ultiman os preparativos dos vehículos.

Instalados no parque de asistencia, en Expourense, os mecánicos poñen a punto os coches que levarán aos seus pilotos e copilotos polas estradas da provincia de Ourense na procura do podio esta fin de semana. A primeira cita de mañá a partires das 9h. será en Castro de Beiro co tramo de test e xa pola tarde, ás 16 horas comezará a primeira etapa a dobre pasada polos dous primeiros tramos: Esgos (15,28 km) e Canón do Sil (22,20 km).

Ao día seguinte, sábado (8 de xuño) disputarase a segunda e última etapa que contará con tres tramos máis, novos con respecto ás anteriores edicións, por terras do Carballiño: Vilar de Condes (13,45 km), Beresmo (11,33 km); e o selectivo do Carballiño (26,05 km). O final do rallye está previsto para as seis e media da tarde no mesmo punto de partida: o Xardín do Posío.

Fotos: Carlos G. Hervella.

Máis información na seguinte ligazón: https://www.osil.info/92-participantes-daranse-cita-esta-fin-de-semana-no-52-rallye-de-ourense/

Artigos relacionados

Back to top button

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies.
Pinche el enlace para mayor información. También puede consultar aquí nuestra política de protección de datos

ACEPTAR
Aviso de cookies
Close