ConcellosÚltima hora

O Ratiño Pérez tamén se protexe do coronavirus

Esta singular imaxe pode verse pasando pola fachada de VD Centro Odontolóxico, no Paseo do Malecón do Barco

 

Con material de protección como mascarilla, gorro e luvas pode verse nestes días ao Ratiño Pérez no escaparate de VD Centro Odontolóxico, situado no Paseo do Malecón do Barco, moi preto do Teatro Lauro Olmo. Sen dúbida, unha imaxe curiosa e especialmente chamativa para os máis pequenos.

Nestas semanas de estado de alarma este centro barquense está pechado ao público xeral, pero presta servizos sanitarios en caso de urxencias, concertando cita previa.

 

Artigos relacionados

Back to top button