CulturaCulturaMúsicaÚltima hora

O recanteiro Miguel Arias actúa este venres en Quiroga

O concerto, organizado polo FSF Quiroga, será no Auditorio ás 21:30h.
Miguel Arias López.

Despois da segunda actuación no concurso musical “Recantos” do Luar (TVG) e de participar no II aniversario da asociación Peludines Callejeros de Valdeorras, o cantante de Arcos (Vilamartín de Valdeorras), Miguel Arias, volverá subirse a un escenario por unha boa causa: recadar cartos para o equipo de fútbol sala feminino de Quiroga.

O concerto, organizado por FSF Quiroga en colaboración co Concello, será este venres 30 de decembro ás 21:30 horas no Auditorio de Quiroga. A entrada custará 2 euros con rifa incluída. Ademais de boa música a organización promete sorpresas.

Artigos relacionados

Back to top button