CulturaCulturaEn portadaÚltima hora

O relato pictórico do maio do 68 do barquense Jesús Díaz recala en Ourense

O Liceo de Ourense acollerá entre o 5 e o 30 de abril a exposición deste polifacético creador falecido no 2017

A obra pictórica do valdeorrés Jesús Díaz Ferrer (O Barco, 1922-Concud, Teruel, 2017) continúa o seu percorrido polas salas de exposicións galegas. Tras abrirse ao público no Barco no pasado mes de maio do 2018, a exposición “Crónica de Maio. París 1968” recala agora no Liceo de Ourense (rúa Valentín Lamas Carvajal, 5), nunha iniciativa promovida a través da Asociación Amigos da República de Ourense.

A inauguración desta singular mostra, que retrata a intensidade e dramatismo dos sucesos acaecidos na capital gala no 68 e que Ferrer vivíu en primeira persoa, terá lugar na tarde do 5 de abril ás 20:30h. Neste acto está prevista a presenza, entre outras persoas, da viúva do pintor, Micheline Langlois, así como a do curador da exposición, o tamén barquense Luís Enrique Rodríguez Arias “Coquixo”, que ten sido un impulsor da recuperación e estudo de Díaz Ferrer.

A mostra, realizada polo Concello do Barco e que consta de 44 obras, estará aberta ao público ata o vindeiro 30 de abril de luns a domingo nun horario de 9h. a 21h.

 

 

 

Artigos relacionados

Back to top button