DeportesÚltima hora

O renacemento termal de Verín, protagonista na XV Volta Ciclista a Galicia

A cuarta etapa da ronda galega que se celebrará o 17 de setembro, comezará e rematará na vila do Támega
Presentación da cuarta etapa da Volta Ciclista a Galicia 2016, en Verín.
Presentación da cuarta etapa da Volta Ciclista a Galicia 2016, en Verín.

A XV edición da Volta Ciclista a Galicia promocionará o retorno do auguismo a Verín. Así o anunciaba na mañá do 9 de setembro, o tenente de alcalde, Diego Lourenzo, na presentación da cuarta etapa da ronda galega que se celebrará o sábado 17 de setembro con saída e meta na vila do Támega.

Durante a presentación, na que tamén estiveron presentes os concelleiros de Seguridade e Comercio de Verín; o presidente da Mancomunidade de Verín; membros da Garda Civil; e representantes da Federación Galega de Ciclismo, entre eles o presidente Guillermo Sande, Diego Lourenzo anunciou que a Volta a Galicia difundirá o slogan “Verín, renacemento termal” para dar a coñecer os valores do auguismo a través das imaxes da etapa que percorrerá o Val de Monterrei.

A carreira, de 131,7 quilómetros, sairá ás 14 horas dende a Avenida Sousas en Verín e rematará no mesmo punto ao redor das 17. O percorrido presenta as ascensións puntuables do Alto de Alberguería (Km 32) de segunda categoría; Cualedro (Km 70) de terceira; e Vilardevós (Km 115) de segunda. O percorrido da etapa pasará asemade por Vilar de Barrio, Xinzo de Limia, Albarellos e Oímbra.

Artigos relacionados

Back to top button