EconomíaEconomíaÚltima hora

O restaurante Casa Lameiro do Barco prepara un menú especial para o Día da Nai

Este domingo 7 de maio é o Día da Nai e, para celebralo, dende o restaurante Casa Lameiro propoñen un menú moi especial cuxa relación calidade/prezo fai desta unha boa proposta para sorprender a mamá, nun local acolledor en pleno centro do Barco de Valdeorras.

O menú poderá desgustarse tanto a mediodía como polo noite e custa 18 euros. Está formado por catro primeiros e catro segundos, a elixir; postre caseiro; unha bebida; e café.

 

Interior do restaurante Casa Lameiro.

 

Os detalles marcan a diferenza neste local de hostalaría barquense.

De primeiro prato poderase elixir entre entremeses ibéricos; navallas; revolto de grelos con langostinos e xamón; ou mexilóns á mariñeira.

De segundo, os pratos a elixir son: brocheta de solombo de porco (nas imaxes superiores); entrecosto á brasa ou con salsa de Roquefort; paletilla de leitón de porco celta asada ao forno; ou bacallau á rioxana.

 

Exterior da Casa Lameiro, entre a rúa Eulogio Fernández e a praza Clara Campoamor (fronte aos Xulgados).

Fotos: Carlos G. Hervella.

Artigos relacionados

Back to top button