EconomíaEconomíaÚltima hora

O Restaurante La Viuda de Trives, entre os recomendados na “Guía Repsol 2019”

Nesta recoñecida publicación aparece como un “referente local, cunha cociña tradicional con produto” da zona

Dentro da selección de mellores restaurantes que se inclúe na recoñecida “Guía Respsol” na súa edición do 2019 aparece o Hostal La Viuda de Trives. Unha noticia que era acollida con gran satisfacción polos seus responsables.

Na guía asegúrase que se trata dun “referente local cunha cociña cocina tradicional con produto local” e ademais de detallarse a súa ubicación e incluírse os seus datos de contacto, nesta guía tamén se aportan outro tipo de datos do restaurante como os seus servizos, os prezos, a capacidade do establecemento, así como algunha recomendación sobre o seu menú.

Máis información:
https://www.guiarepsol.com/es/fichas/restaurante/hostal-restaurante-la-viuda-62557/

Artigos relacionados

Back to top button