EconomíaEconomíaGalerías de fotosÚltima hora

O restaurante Pepa reabre as portas na Rúa

O establecemento hostaleiro, ubicado na praza do Concello, pechará os martes por descanso do persoal

Comezou sendo un despacho de comidas, despois tivo unha etapa centrado nos viños e nas tapas e agora volve ás súas orixes na restauración. Despois de máis dun ano pechado, o restaurante Pepa está de novo aberto, formando parte da oferta hostaleira da Rúa.

A inaguración deste nova etapa na historia do establecemento, ubicado en plena praza do Concello, tiña lugar na tarde do 5 de decembro. A xerencia corre por conta do propietario Manuel Alonso aínda que é Ana Fernández quen se pon á fronte. Con respecto á estrutura, mantén a distribución orixinal en dous andares coa pedra vista como elemento central nas paredes. Ademais, malia incorporar pratos novos, a carta inclúe algúns dos máis prezados polo público na súa orixe como o “Rabo de vacún”, o “Magré de pato” ou as “perdices”. Tamén hai menú.

O local abre todos os días, excepto o martes (pechado por descanso do persoal), a partires das doce do mediodía.

Fotos: Carlos G. Hervella.

 

Artigos relacionados

Back to top button