OurenseÚltima hora

O Ribeiro Blues Wine Festival de Castrelo de Miño quenta motores

Red Eléctrica será o patrocinador oficial do festival que se celebrará en agosto

O festival Ribero Blues Wine que se celebrará os días 10 e 11 de agosto en Castrelo de Miño terá un patrocinador moi especial: Red Eléctrica. O delegado Carlos Gonzalez Patiño e o alcalde de Castrelo asinaron o acordo de colaboración que fará que na súa quinta edición, o festival volte a “dar un novo paso cara adiante para continuar mellorando”, aseguran dende Castelo de Miño, engadindo que a deste ano será a edición máis internacional do festival, “xa que o patrocinio de Red Eléctrica permitirá que se acheguen figuras relevantes do blues europeo e americano que serán anunciadas proximamente, cando se peche definitivamente o cartel”.

Artigos relacionados

Back to top button