EconomíaEconomíaÚltima horaViticultura

O Ribeiro promove un simposio sobre a pegada histórica do viño no Camiño de Santiago

Desenvolverase do 6 ao 8 de setembro e nela participarán profesionais da enoloxía, historia, arqueoloxía, xeografía e antropoloxía de diferentes puntos da península

Acto de presentación do simposio “A pegada histórica do viño no Camiño de Santiago”.

Profesionais de diferentes puntos da península ibérica participarán do 6 ao 8 de setembro no simposio “A pegada histórica do vilo no Camiño de Santiago”, que terá como escenario a comarca do Ribeiro. O seu programa incluirá unha serie de ponencias no Museo do Viño de Galicia (con entrada libre) nas que se analizarán diversos aspectos do papel do viño na ruta xacobea, así como sobre a súa impronta dende os puntos de vista arqueolóxico, histórico e etnolóxico e etnográfico. Este simposio será organizado polo Consello Regulador do Ribeiro e pola Asociación Ruta do Viño do Ribeiro, no marco do programa “O teu Xacobeo” impulsado pola Xunta.

Na súa primeira sesión técnica Luis Vicente Elías (doutor en Antropoloxía) disertará sobre as “Prensas Místicas”, Eugenio Monesma (realizador de cine etnográfico) abordará a temática do viño nos Camiños de Santiago do norte de Aragón, Joaquín Berrocal (licenciado en Xeografía e Historia) centrarase nas paisaxes do viño no Camiño do Sur salmantino, José Luis Sobrado (historiador) falará sobre o Camiño dos Arrieiros,

Noutra das sesións técnicas, moderada por Javier Pérez (xornalista de Castela e León) incidirase no valor patrimonial, de identidade e turísticos dos elementos, espazos e paisaxes do viño nos Camiños de Santiago, coas intervencións de María Asunción Martínez (especialista en arqueoloxía do viño), Julio Grande (director do proxecto Petra) e César Llana, director do Museo do Viño de Galicia. Ademais os participantes terán oportunidade de coñecer os diferentes recursos turísticos, históricos e culturais da Ruta do Viño en particular e do Ribeiro en xeral.

O programa destas xornadas dábase presentábase na mañá deste 4 de setembro nun acto no que participaban o presidente do Consello Regulador da D.O. Ribeiro, Juan Manuel Casares, e o vicepresidente da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández. “Estas xornadas teñen como obxectivo poñer en valor a importancia histórica que o viño do Ribeiro tivo durante séculos en Galicia, así como salientar o papel económico deste produto nos tramos galegos deste traxecto de peregrinación fundamental para entendermos Galicia como feito universal”.

Casares Gándara lembraba, neste senso, que o Ribeiro “foi o subministrador principal non só do viño que os peregrinos bebían para reconfortarse en Santiago senón tamén o que consumiron ao longo das derradeiras etapas do Camiño”. Pola súa banda, o presidente da Deputación de Ourense resaltou a importancia destas xornadas para a posta en valor dunha comarca vitivinícola histórica e dos seus recursos enoturísticos.

Este encontro conta ademais coa colaboración das Asociacións de Lagares Rupestres de Portugal e de España; a Asociación de Sumilleres de Galicia (Gallaecia); o Museo do Viño de Galicia e os Concellos de Ribadavia e de Castrelo de Miño. Asemade as xornadas contan co patrocinio de ABANCA.

 

Artigos relacionados

Back to top button

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies.
Pinche el enlace para mayor información. También puede consultar aquí nuestra política de protección de datos

ACEPTAR
Aviso de cookies
Close