DeportesÚltima hora

O rider valdeorrés Javier Fernández, subcampión de España de Enduro E-Bike

Participaba esta fin de semana na Montefaro Enduro Race, na localidade coruñesa de Mugardos

Javier Fernández Quiroga no segundo chanzo do podio.

 

Os mellores riders do panorama nacional reuníanse esta fin de semana na localidade coruñesa de Mugardos nunha paisaxe de excepción para a disputa dunha nova edición da Montefaro Enduro Race, que neste 2021 acollía a celebración do Campionato de España de Enduro. Preto de 300 ciclistas que loitaron polos distintos títulos nacionais sobre un percorrido de 34,2 quilómetros con 1.240 metros de desnivel e cinco tramos cronometrados, entre os que figuraban nomes como Gabriel Torralba, Edgar Carballo, Álvaro Martínez, Toni Ferreiro, Nicolas Carrera ou Mario Palacio.

E entre eses intrépidos riders estaba tamén o rues Javier Fernández Quiroga, competindo na categoría e-bike e superando as súas propias expectativas. Malia ser especialista en descenso, participando en numerosos campionatos dentro e fóra de España, nesta ocasión animábano a participar nesta modalidade proclámandose nada máis nin nada menos que en subcampión de España.

“Foi a miña primeira carreira e levei moi bo sabor de boca, todo estaba de 10 e compartir podio con Toni Ferreiro para min xa é pasarse o xogo”, en palabras do propio deportista, sempre agradecido á xente que o axuda con especial mención á adega Alvaredos HOBBS. “Este ano a verdade son os que máis me apoiaron sobre todo economicamente”, asegura.

 

Javier Fernández Quiroga.

 

Artigos relacionados

Back to top button