En portadaÚltima hora

A riada do Sil arrastra a un home no Barco

Zona na que foi localizada a persoa arrastrada polo río.
Zona na que foi localizada a persoa arrastrada polo río.

Na tarde do 20 de abril unha persoa era arrastrada pola corrente do Sil ao seu paso polo Barco. Un particular chamaba ao 112 Galicia ás 16:00 horas da tarde para alertar de que había unha persona pedindo axuda no entorno da Ponte da Raña e que estaba sendo arrastrada pola corrente río abaixo.

Púxose entón en marcha un operativo de búsqueda e rescate por terra e auga no que participaban os Bombeiros de Valdeorras, o GES de O Barco, a Policía Local, Protección Civil, a Garda Civil e o Seprona, xunto cos servizos de emerxencias sanitarias. Rastrexouse o río cunha zodiac e o entorno do Sil a pé entre os lugares do Salgueiral e Vilamartín. Finalmente o home foi localizado nunha zona de difícil acceso e moita maleza, na marxe esquerda do Sil moi preto do polígono industrial. O seu corpo foi sacado do río ao redor das 19:15h.

Un dos momentos do rescate.
Un dos momentos do rescate.

Artigos relacionados

Back to top button