ConcellosGalerías de fotosO BarcoÚltima hora

O río Sil cobre parte da praia fluvial do Malecón do Barco

 

O aumento do caudal do río Sil, consecuencia das últimas chuvias e tamén do desxeo, deixaba esta tarde de venres cuberta boa parte da praia fluvial do Malecón no Barco. Así ás 17h, momento no que están tomadas estas imaxes, o caudal do río chegaba nun dos seus tramos a 6,77 metros, segundo os datos da Confederación Hidrográfica do Miño-Sil, pero unha hora despois, rexistrábase xa un descenso, situándose en 6,43 m.

Noutro dos tramos nos que se toman referencias no Sil ao seu paso polo Barco, pasaba un caudal de 325,17 m3/s e chegaba a un valor de 1,93 m ás 17h, baixando a 272,59 m3/s e a 1,86 m ás 18h.

Fotos: A.R.

Artigos relacionados

Back to top button