En portadaGalerías de fotosÚltima hora

O río Sil convértese nun mar en Valdeorras

Impresiona a imaxe, pero sobre todo o son do elevado caudal de auga que leva o río Sil ao seu paso pola comarca de Valdeorras na xornada do 13 de febreiro. Unha das localidades onde máis se están a ver os efectos desta riada é O Barco coa area recreativa do Salgueiral completamente cuberta pola auga, o paseo fluvial e mesmo coa subida do río na parte final do Malecón. Ademais en zonas como a Praia de Ouro a auga chegaba ás casas.

Numerosas persoas percorrían o Paseo do Malecón do Barco para contemplar esta espectacular e perigosa imaxe que presenta o río Sil. Había xa moitos anos, máis dunha década, que non acadaba esta altura e este aspecto.

Fotos: Ángeles Rodríguez

Artigos relacionados

Back to top button