DeportesÚltima hora

O #Riomola, a pola final da Copa de fútbol sala de Maceda

As finais e semifinais están previstas para o 13 de febreiro
Membros do equipo  #Riomola, cunha pancarta co lema: "Benvidos ao inferno. Río on fire"./ Foto:  #Riomola.
Membros do equipo #Riomola, cunha pancarta co lema: “Benvidos ao inferno. Río on fire”./ Foto: #Riomola.

Os partidos de finais e semifinais da Copa de fútbol sala de Maceda xogaranse, nun principio, o vindeiro 13 de febreiro. Nesta cita deportiva estará presente o #Riomola, equipo de San Xoán de Río, que lograba o seu pase a semifinais tras impoñerse por cinco goles a catro ao Colinas FS de Castro Caldelas nun emocionante partido.

Plantel do equipo de San Xoán de Río./ Foto:  #Riomola
Plantel do equipo de San Xoán de Río./ Foto: #Riomola

Nesta final tamén estarán outros tres clubs: os Charlis (Maceda), Trives FS (Pobra de Trives) e o Esgos FS (Esgos). O formato da competición será o dunha final 4 mesma tarde: primeiro as 2 semifinais que serían en principio (#RíoMola FS – charlis e Trives FS – Esgos FS). A continuación, o terceiro e cuarto posto e por último a final.

De seguro desta volta o #Riomola voltará a estar acompañado polos seus siareiros.

Artigos relacionados

Back to top button

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies.
Pinche el enlace para mayor información. También puede consultar aquí nuestra política de protección de datos

ACEPTAR
Aviso de cookies
Close