DeportesÚltima hora

O #Riomola entra nas semifinais da Copa

O equipo de fútbol sala de San Xoán de Río derrotaba ao Colinas nesta competición de Maceda
O plantel do  ‪#‎Riomola celebrando o seu pase a semifinais./ Foto:  ‪#‎RIOMOLA.
O plantel do ‪#‎Riomola celebrando o seu pase a semifinais./ Foto: ‪#‎RIOMOLA.

Cunha espectacular remontada o #Riomola conseguía o pase ás semifinais de Copa de fútbol sala en Maceda. Este equipo de San Xoán de Río lograba vencer nos minutos finais por cinco goles a catro ao Colinas FS de Castro Caldelass.

O xogo arrancaba cunha primeira parte “gris, na que Os Colinas aproveitaron para adiantarse, chegando ao descanso cun axustado 3-2 ao seu favor”, segundo o propio equipo. Pero na segunda, mudaba por completo a situación. “Comezou como a primeira e un golazo dos Colinas parecía sentenciar o partido cun 2-4, pero nuns últimos minutos que pasarán a historia 2 goles de Iago Cereijo e 1 de Orencio déronlle a volta ao marcador”, aseguran dende o #Riomola.

Durante o partido o #Ríomola estivo apoiado polos seus siareiros, autodenominados “A Riada”, que dende as gradas do pavillón festexaban a vitoria. Ademais, tras o partido, tiña lugar unha celebración no Bar Cortés de Maceda.

Artigos relacionados

Back to top button