CulturaCulturaGalerías de fotosMúsicaÚltima hora

O ritmo trivés das Macizas Centrais, nos Cantos de Taberna da Pobra do Brollón

Participaban, xunto a outros doce grupos, nesta proposta musical que tiña lugar na tarde do 8 de decembro

Ponte moi intensa para as Macizas Centrais de Trives. Tras participar o 7 de decembro na primeira edición dos Cantos de Taberna de Maceda, este grupo trivés desprazábase o 8 de decembro ata a localidade lucense da Pobra de Brollón nunha nova saída musical. Acudían aos Cantos de Taberna desta vila, organizados polo Concello, que chegaban xa a súa oitava edición.

As actuacións comezaban as catro e media da tarde na Casa da Cultura e logo proseguían polos bares, nun circuíto no que cada grupo tiña que visitar media ducia de establecementos. Desta volta tocaban unhas trece formacións. Así, ademais das Macizas Centrais, participaban Os corenta e chinco boys, Searas, Con Ton e Son, As Recuncadas, Os Somontanos, Os Estoupafoles, Son do Maio, Sómosche d’Herbas, Cantareiros da Unión, De Marcón pra Riba, Skachacunchas, Os Amigos do Caldeiro e Os Parrandas.

Ás 23h. remataba o percorrido polos bares e todos os grupos reencontrábanse na Casa da Cultura, onde recibían un diploma, un agasallo de recordo, un xamón e un lote de viño.

Fotos: As Macizas Centrais.

Artigos relacionados

Back to top button

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies.
Pinche el enlace para mayor información. También puede consultar aquí nuestra política de protección de datos

ACEPTAR
Aviso de cookies
Close