DeportesKárateÚltima hora

O River Stone do Barco participa esta fin de semana na 1ª fase da Liga Nacional Infantil de Karate

Nove karatekas do club valdeorrés competirán en Pontevedra nas categorías Infantil e Xuvenil de kata masculino e feminino

Tres membros do KC River Stone do Barco./ Foto cedida.

 

Máis de 560 deportistas dun total de 111 clubs de toda España participarán esta fin de semana na primeira fase da Liga Nacional Infantil de Karate que se celebrará esta fin de semana no Pavillón Municipal dos Deportes de Pontevedra. Unha competición que contará cun nutrido grupo de karatekas do KC River Stone do Barco de Valdeorras.

Despois da súa excelente experiencia no Campionato de España de Clubs, os pequenos do River Stone saltarán de novo ao tatami para dar o mellor de si mesmos nesta nova competición. En total son nove os karatekas de Valdeorras que viaxarán ata Pontevedra para competir.

Mañá, sábado 6 de xuño farano Nazan Barreda, Héctor Amaro, David Fernández, Diego Prada e Brian Rodríguez en Kata Infantil Masculino; mentres que Hugo Álvarez e Enzo Prieto farano en Kata Xuvenil Masculino. E xa o domingo 6 de xuño tocaralle o turno a Aina Moral e Cloe Yáñez que competirán en Kata Infantil Feminina.

 

Artigos relacionados

Back to top button