CulturaCulturaGalerías de fotosMúsicaÚltima hora

O rock de Clon Bois dá ritmo á noite no Catro Camiños da Rúa

O cuarteto de versións daba un concerto na noite do 10 de xuño na praza do Concello

Cancións de Bruce Springsteen, The Rolling Stones, Deep Purple, Fito e Fitipaldis,… Un a un os temas máis coñecidos do rock en inglés e tamén en español, así como algún de blues, ían enchendo de ritmo a terraza do bar Catro Camiños da Rúa. Os seus intérpretes, catro músicos valdeorreses que hai uns meses decidían unirse para facer un grupo de versións co cal animar as noites da comarca. E vaia se o están conseguindo.

Ao longo de máis dunha hora, Ramiro á voz, Óscar ao baixo, David á guitarra e Suso á batería, puxeron en escena parte do seu repertorio, animando ao numeroso público que pouco a pouco enchía a praza do Concello, atrevéndose incluso a bailar ao ritmo do máis puro rock & roll.

Fotos: Mónica G. Bellver

Artigos relacionados

Back to top button