CulturaCulturaEducaciónÚltima hora

O roteiro de lectura caseiro do IES Lauro Olmo do Barco continuará ata a semana das Letras Galegas

Esta iniciativa, proposta dende a Biblioteca do instituto barquense comezaba co gallo do Día do Libro, 23 de abril

 

Cada día dúas breves lecturas con recomendación, tanto de profesores como de alumnos. É a proposta da Biblioteca do IES Lauro Olmo do Barco de Valdeorras nun peculiar roteiro literario, na casa e a través das redes sociais. Dende Los Hijos de los Días de Eduardo Galeano ou La Vie Secrète des Écrivains de Guillaume Musso, pasando por Herba Moura de Teresa Moure ou El Perfume de Patrick Süskind. Cada participante comparte no Facebook un fragmento da obra elixida para a ocasión.

Baixo o reclamo de “Atención, xente lendo… na casa” a iniciativa comezaba o 23 de abril, Día do Libro, e rematará a semana das Letras Galegas a mediados de maio cun vídeo final de lectura conxunta.

 

 

Artigos relacionados

Back to top button