DeportesGalerías de fotosÚltima hora

O Rúa feminino cae no Aguillón ante o Imperátor

O partido correspondente á xornada 11 resolvíase pola mínima no último minuto

Esta vez non pudo ser. Malia a constante loita durante todo o encontro, as xogadoras do Rúa Valdeorras CF non conseguían marcar no campo do Aguillón sendo as visitantes do Imperátor OAR as que o lograban, no tempo de desconto.

A ceros remataba a primeira parte do partido correspondente á xornada 11 na segunda división da liga galega de fútbol feminino, e así se mantiña case ata o final. Non sería ata o último minuto, xa no tempo de desconto, cando o conxunto coruñés marcaba o gol da vitoria nun impecable saque de falta que Yaiza foi incapaz de parar.

Malia esta derrota in extremis (a segunda no que vai de liga) o equipo valdeorrés mantense no terceiro posto da clasificación, a tres puntos do segundo e a seis do líder, o Victorira FC, que permanece invicto.

A próxima cita para as rapazas de Josiño será en Santiago, no campo do CD Conxo.

Fotos: Mónica G. Bellver

Artigos relacionados

Back to top button