DeportesGalerías de fotosÚltima hora

O Rúa feminino comeza a tempada cunha vitoria

Co 4-3 no marcador remataba o primeiro partido da liga feminina de fútbol no Aguillón

Custou, pero finalmente o Rúa Valdeorras CF lograba unha importante vitoria no arranque da liga. 4-3 gañaba ao Cacheiras SD, nun intenso partido disputado na mañá do domingo 6 de setembro no campo de fútbol do Aguillón.

Para o Cacheiras era o primeiro partido oficial e as veteranas do Rúa marcaron o ritmo na primeira metade do encontro con ata tres goles de vantaxe (dous de Isa e un de Carol). Tamén encaixaban un de penalti que a porteira, Yaiza, non pudo parar.

Co 3-1 no marcador chegaba o descanso e xa que na segunda metade complicábase o encontro para o conxunto local adestrado por Josiño que a piques estivo de sufrir a remontada visitante que marcaba dous tantos máis.

Ben está o que ben acaba e ao final o conxunto local lograba manter a distancia sentenciando o final co 4-3 que lle deu a vitoria e os tres primeiros puntos da tempada.

Fotos: Carlos G. Hervella

Artigos relacionados

Back to top button