DeportesGalerías de fotosÚltima hora

O Rúa feminino golea ao Atlético Arousana, no Aguillón

5-0 vencían as valdeorresas no encontro disputado na tarde do 12 de febreiro

Pouco a pouco o Rúa-Valdeorras CF vai recupernado ás xogadoras que tiña lesionadas, e iso nótase. Despois do 10-2 que conseguían o pasado domingo 5 de febreiro no partido contra Puertearnelas da xornada 16ª (aprazado o 22 de xaneiro), as rapazas de Ricardo Basteiro volvían gañar por goleada no campo rues do Aguillón.

Nesta ocación, a vitoria tiña lugar na tarde do 12 de febreiro, no partido 18ª de liga contra o Atlético Arousana “B” que pouco pudo facer ante as ruesas. Carlota (unha das baixas de longa duración), abría o marcador para o Rúa no minuto 7 e ela mesma lograba o segundo gol sete minutos despois. O terceiro tanto sería obra de Isa, que tamén estivo tempo sen poder xogar, quedando nos pés de Rafaela a trasnformación dos outros dous: un aínda na primeira parte (minuto 40) e outro rozando o final, no minuto 80.

Con estos resultados, o Rúa-Valdeorras CF mantense no 5º posto da clasificación. A seguinte cita ligueira será o a vindeira fin de semana en Grixoá (Santiago de Compostela) para enfrontarse ao Villesto, terceiro clasificado.

Fotos: Mónica G. Bellver.

 

Artigos relacionados

Back to top button