DeportesGalerías de fotosÚltima hora

O Rúa feminino sucumbe ante o líder

0-5 perdía o equipo valdeorrés en casa ante o Boiro, na 4ª xornada de liga

Con boa parte do plantel aínda de baixa, entre elas varias titulares (Carlota, Isa, Marta,…) o partido correspondente á 4ª xornada de liga presentábase difícil para o Rúa-Valdeorras CF no seu enfrontamento co líder da clasificación, o Boiro.

Acostumado a gañar por goleada, o conxunto coruñés saltaba ao terreo de xogo no campo do Aguillón, disposto a sumar unha nova vitoria e malia que as rapazas de Ricardo tentaron unha e outra vez facerse co control do balón, acabaron por conseguilo.

Ao final, co 0-5 no marcador remataba o encontro nunha soleada tarde de fútbol. Un resultado que sitúa ao Boiro máis líder e ao rúa-Valdeorras CF no sexto posto da segunda división na liga feminina de fútbol.

A próxima cita para as valdeorresas será no campo do Atle. Arousana B (oitavo clasificado).

Fotos: Mónica G. Bellver

Artigos relacionados

Back to top button