DeportesÚltima hora

O Rúa feminino suma e segue

Terceira vitoria consecutiva para o equipo de fútbol valdeorrés que vencía 6-2 ao S.E. Abellá

Está claro que con esforzo e traballo todo se consegue. E así o está demostrando o Rúa-Valdeorras CF, o conxunto rues de fútbol feminino que na mañá do 20 de setembro completaba un gran partido no Aguillón ante o S.E. Abellá da Coruña.

“O equipo está conseguindo resultados, estamos facendo un xogo moi completo e gañando”, asegura Isa, dianteira do club. E non é só que o diga ela, senón que os resultados falan por si mesmos. Despois de vencer 4-3 ao Cacheiras no primeiro partido da tempada e de golear ao Unión no seu propio campo (0-9), as valdeorresas vencían 6-2 ás coruñesas na terceira xornada de liga.

Tres de tres e imparables. Con goles de Carlota en dúas ocasións, de Carol, Lucía e de Isa noutras dúas, as rapazas que adestra Josiño están demostrando que, malia os problemas cos que se atopan con moitas ocasións falladas e arbitraxes que non as favorecen, poden lograr que este sexa “o ano”, situándose en cabeza da clasificación, empatadas a puntos co líder.

Fotos: Mónica G. Bellver

Artigos relacionados

Back to top button