DeportesGalerías de fotosÚltima hora

O Rúa feminino vence á UD Ourense no primeiro amigable da tempada

O equipo de fútbol valdeorrés impúxose por 1 gol a 0 nunha calurosa tarde de agosto

Despois da final da Copa Deputación que perdían no Couto, o Rúa-Valdeorras tíñalle ganas á U.D. Ourense e o calor estivo a piques de estragarlles a opotunidade, pero finalmente lográbao.

Empezaba con media hora de retraso e acurtaban a segunda metade a 30 minutos, pero o gol de Candela por falta directa daba a vitoria as rapazas do conxunto valdeorrés no amigable disputado na tarde o 7 de agosto no campo de fútbol do Aguillón, en plenas festas de verán.

Tras esta calurosa vitoria as rapazas que este ano adestra Ricardo Basteiro “Alemán”, continúan coa pretempada na que contan con algunha nova incorporación.

Fotos: Carlos G. Hervella.

Artigos relacionados

Back to top button